Venres 19 de abril de 2024, Cerdedo, coméntanse unhas condicións moi boas para o sábado no interior de Galicia. David Malvar, na procura dun voo de cross, consulta por teléfono a César para atopar un despegue onde poder saír de Este, demasiado vento para saír no Larouco, que con Este metete nunha zona que non lle interesa con vento. No Faro, demasiado vento cando sobe o teito na previ, ademáis da dificultade por espazos aéreos tirando hacia Oeste, todo apunta ao sistema central, e César recomenda o Cerengo. Unha aposta difícil, nunca ninguén antes fixo gran cousa no Cerengo, tamén é certo que quizais non se intentou en condicións adecuadas, cos pilotos adecuados, equipo, . . .
10:46, sábado, David Malvar informa no grupo de Quiroga, intención Cerengo, Javi de Bandeira, que tamén estivo o día anterior en Cerdedo, estaba alerta e acude á chamada, á que se suman dous asturianos de ruta polo noso país. E que decir dos asturianos, que están facendo uns voos espectaculares, cun nivel moi alto. Daquela xúntanse David con Elan de Mac, Javi coa C duas bandas Artik R de Niviuk, e os asturianos Diego Vallina Elan de Mac, e Samu con Zeno, D de Ozone.
As condicións pintan moi boas, Javi comenta que foi importante que souberon esperar. Efectivamente entrou unha brisa máis alegre, máis favorable. Despegan nun paso pero costa moito subir, convencidos de que na meseta as condicións ían ser mellores, cunha fermosa nube pouco máis alá da canteira, esa era unha clave moi importante no día, saltar á meseta desde Cerengo. O intento non tiña moita penalización, ás malas quedabas moi preto do despegue cunha recolla sinxela.
Foron varios intentos para alcanzar a hipotética ascendencia da nube, pero nada, logo volver arrastrao a ladera. Ós 1400 non se consigue subir máis, e Javi, lánzase con pouca altura á meseta, e pilla, punto clave do día, David non o duvida en seguil-o, os asturianos deciden ir adiante a barlovento, non lles funcionou, acaban aterrando no val de Quiroga. Javi plantase de estar arrastrado a 2300, tira cara o cordal da serra do Burgo e non coincidiu ben, aterrando despois de cruzar a serra.
«Costou moito sair do Cerengo»
Pronto están na serra do Burgo, Jorge dende a Teixeira, estaba atento aos movementos, conecta por radio cos pilotos. David por detrás da serra do Burgo móntase na burra con teitos de 2700 máis tarde 2800, pero a deriva levao cara San Mamede, decide bordear, e pronto na meseta de Xinzo.
«Non ía preparado para tanto frío», esto faille bloquearse lixeiramente co ánimo e a pilotaxe. O alento de radio de Jorge facilitoulle o voo.
«Ceo espectacular»
Teitos de meteoparapente ás 5 da tarde.
Vento en superficie meteoparapente ás 4 da tarde
As previsión de meteoparapente parece que se están a cumplir. Unha calle de nubes fermosa aparece rumbo Bande, pero farto do frío decide tirar a Baltar, unha vez alí, inda con enerxía de novo recuperando calor rumbo Cualedro.
Codicións un peliño máis durillas do que solemos chamar un día moi sano, cousas que pasan nas conflus sumado a que non axudou o frio que fai máis difícil a pilotaxe e a unha percepción positiva das circunstancias.
3 horas 15 minutos, 74,8 km, para David e gran voo tamén de Javi resolvendo o momento clave do día de conquistar a meseta dende Cerengo, unha nova ruta, incorporando o Cerengo no panorama do cross galego.
Sen ningunha dúbida un voo épico, con moito mérito, de grupo, amizade, técnica, pilotaxe, visión …. confiamos q o concello de Ribas de SIl ou o que toque, comunidade de montes… se sensibilice con estas hazañas e nos permita q teñamos despegue, porque de seguir así, pronto non tiremos co que medra o monte.
enlace do voo https://volandoo.com/tracks/pNrxax6sMrO4zoP04bQj
Reportaxe de Marcos Gay
I do agree with all the ideas you have introduced on your post They are very convincing and will definitely work Still the posts are very short for newbies May just you please prolong them a little from subsequent time Thank you for the post